Ir al contenido

Foro Economía Social

Concello de Ribadeo

Europe/Madrid
Añadir al calendario:

acompáñanos neste evento

O Concello de Ribadeo celebrará os días 19 e 20 de setembro o Foro de Economía Social, unha iniciativa aberta á cidadanía que converterá a Praza de Abastos nun espazo de encontro, aprendizaxe e intercambio de experiencias arredor doutras formas de emprender, traballar e xerar riqueza.

Durante a fin de semana, o programa reunirá persoas emprendedoras, empresas, entidades sociais, asociacións, profesionais e veciñanza para poñer en valor os principios da cooperación, a participación e o retorno social. A xornada do sábado estará centrada no Foro de Economía Social, con mesas redondas, intervencións de persoas especialistas e actividades para descubrir as oportunidades deste modelo como motor de desenvolvemento económico, creación de emprego e dinamización do territorio.

O domingo, a programación sumarase ao Mercado dos Domingos con propostas de dinamización e música, conectando a economía social coa actividade comercial e coa vida social de Ribadeo.

Esta acción enmárcase no traballo do Concello de Ribadeo dentro da Rede Eusumo para impulsar o cooperativismo e a economía social no ámbito local. Conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da Rede Eusumo, do Ministerio de Traballo e Economía Social e do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).