Ir al contenido

AGROBOOTCAMP

FAGA Agrobootcamp Lugo 2026 · Emprendemento agroalimentario

Empieza
Termina
Añadir al calendario:

FAGA Agrobootcamp Lugo 2026 · Emprendemento agroalimentario

Acelera o teu proxecto agroalimentario en dúas xornadas

O FAGA Agrobootcamp Lugo 2026 é unha aceleradora intensiva para impulsar proxectos innovadores do sector agroalimentario da provincia de Lugo.

Durante dúas xornadas reunimos persoas emprendedoras, empresas, produtores e gandeiros, técnicos/as, investigadores/as e estudantes para traballar xuntos, con método e co apoio de mentores, e levar cada iniciativa ao seguinte nivel: validar a idea, afinar o modelo e saír cun plan claro para seguir avanzando.

Datas: 15 de decembro  e 16 de decembro de 2026 (ata as 17:00h)
Horario: 9:00-17:00 h (ambas xornadas)
Lugar: Escuela de Empresarios y Centro de Formación CEL · Rúa Manuel Murguía, 6, baixo · 27003 Lugo

Que atoparás

  • Aceleración práctica e áxil, aplicada desde o primeiro minuto ao teu proxecto.
  • Experiencias reais de empresas e emprendedores do sector.
  • Mentorías personalizadas con profesionais con experiencia.
  • Traballo en equipo con perfís complementarios que suman ao proxecto.
  • Guía de próximos pasos e acompañamento para seguir avanzando despois do programa.

Dúas formas de participar

Como proxecto

Para persoas e equipos cunha idea, iniciativa ou negocio agroalimentario innovador vinculado a Lugo que queiran validalo, consolidalo ou facelo crecer.

  • Ata 15 candidaturas. Seleccionaranse entre 5 e 8 proxectos.
  • Despois de inscribirte, envía un resumo do proxecto en PDF (máximo 2 páxinas) a través da ligazón que recibirás por correo.
  • A organización avaliará as candidaturas e contactará contigo para unha entrevista.
  • Prazo de inscrición: 30 de novembro de 2026.

Como participante

Para estudantes, investigadores/as, técnicos/as, empresarios/as e profesionais que queiran sumarse aos equipos dos proxectos e axudar a impulsalos co seu talento e experiencia.

Que farás:

  • Impulsar proxectos reais desde dentro dos equipos.
  • Aplicar metodoloxías de deseño e validación para acelerar cada proxecto.
  • Achegar a túa experiencia aos retos do sector agroalimentario na provincia.
  • Traballar en colaboración con emprendedores e mentores.
  • 12 prazas.
  • No formulario indicarás o teu perfil profesional para encaixarte no proxecto que mellor aproveite a túa experiencia.
  • Prazo de inscrición: 12 de decembro de 2026.

Compromiso: a participación require asistir ás dúas xornadas.


Organiza

Fundación Agroalimentaria de Galicia (FAGA)

Fundación Agroalimentaria Galega (FAGA)

correo@faga.gal · 982 231 150

Financia

Deputación de Lugo

Deputación de Lugo